Ir o contido principal

EMPRENDEMENTO: RutaAPEsGalicia

O pasado mércores, 22 de maio, unha delegación de máis de 30 docentes de toda España visitou o CIFP Politécnico de Santiago para coñecer o noso Programa de Aulas de Emprendemento e os Proxectos de Innovación desenvolvidos polo profesorado e alumnado das distintas familias profesionais. 

A actividade forma parte do proxecto RutaAPESGalicia, organizado por FPInovación e DiverxiaConsulting, en colaboración coa Xunta de Galicia. Esta iniciativa permite aos docentes participantes coñecer proxectos innovadores desenvolvidos polo profesorado galego a través da visita a distintos centros de Galicia pertencentes á Rede Estatal de Excelencia da FP. 

Grazas a todos os participantes pola súa visita e interese!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais