Ir o contido principal

EMPRENDEMENTO: Programa "Empresa familiar nas Aulas"

O pasado 26 de abril, alumn@s e profesor@s da Familia Profesional de Electricidade e Electrónica tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da empresa Altia ubicadas no Parque Empresarial Novo Milladoiro. 

Esta actividade forma parte do programa "Empresa Familiar en las Aulas", organizado pola Asociación Gallega de la Empresa Familiar en colaboración con Afundación Obra Social Abanca. 

Dende o CIFP Politécnico de Santiago seguimos traballando para ofrecer aos nos@s alumn@s as mellores oportunidades de aprendizaxe, achegando ós nosos estudantes á empresas de recoñecido prestixio e vinculadas co seu sector produtivo.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais