Ir o contido principal

CIFP Politécnico de Santiago

As súas raíces remóntanse a 1933, foi un os primeiros centros de España de FP e na actualidade é un referente en Galicia. O Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago é sinónimo de formación de calidade grazas ao magnífico traballo que realiza o seu director, José Manuel Leis Blanco, así como todo o seu equipo. De feito, a Comisión Europea citouno como “centro de excelencia” e o pasado setembro a raíña Letizia e a ministra Celáa abriron o curso desta modalidade formativa en España neste instituto da capital galega. Outros datos que acreditan a súa solvencia e proxección é a formación dual, xerme de profesionais de alta cualificación para as empresas. Automoción, redes e distribución de auga e sistemas electrotécnicos e automatizados son só algúns dos campos nos que son un referente.

Fonte: El Correo Gallego

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais