Ir o contido principal

EduTecEmprende no CIFP Politécnico de Santiago!

Participación dos nosos alumnos de FPBÁSICA de Carpintaría e Moble no programa EduTecEmprende. O pasado 21 de maio, grazas á colaboración coa Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da madeira de Lugo, o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer en profundidade as diversas actividades de aproveitamento forestal. 

Esta experiencia permitiulles descubrir de primeira man os postos de traballo que precisa o sector produtivo no que se están formando. Unha iniciativa que se desenvolve dentro do programa EduTecEmprende, cuxo obxectivo é motivar ao alumnado de FP a desenvolver as súas capacidades emprendedoras a través do coñecemento da realidade empresarial e tecnolóxica galega. Ademais, promove o interese dos nosos mozos e mozas polas áreas STEM.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais