Ir o contido principal

Eduemprende


PLAN EDUEMPRENDE 2025-2026: Finanzas para Mortais

O noso alumnado xa está mergullado no obradoiro “O mundo laboral: Emprendemos?” 🚀, dentro do programa Finanzas para Mortais do #PlanEduEmprende2026.

Grazas á colaboración do persoal técnico do Banco Santander, os rapaces e rapazas están a recibir unha visión 100% práctica e real do que supón emprender e como xestionar o mundo financeiro hoxe en día. 💶📈

No CIFP Politécnico de Santiago, a través do #PlanEduemprende seguimos a apostar por unha formación conectada coa realidade e polo traballo con entidades colaboradoras que enriquecen a aprendizaxe do noso alumnado 📈✨

Redes sociais