Educación aposta por reforzar a Formación Profesional do sector da madeira
O Plan Conecta FP da Xunta ten como obxectivo potenciar con máis prazas formativas os ciclos que teñen máis demanda no mundo laboral. E o primeiro que se deu a coñecer é o da familia da madeira, que pasou en dez anos de 600 alumnos a máis de 2.000, que son insuficientes para atender as necesidades dun sector en crecemento. E é que a construción sostible e o peso de Galicia no sector do contract (o amoblamento e decoración de tendas, hoteis e vivendas) non fan máis crecer e esixen profesionais cualificados.
Fonte: La Voz de Galicia