Cooperativismo
🤝 COÑECENDO O COOPERATIVISMO DESDE SANTIAGO
O alumnado de 2º CS de Química e Saúde Ambiental (QUISAUAMB) e 2º CS de Laboratorio de Análise e de Control de Calidade (LACO) do CIFP Politécnico de Santiago participou na 5ª edición do Roteiro Cooperativo, unha proposta diferente para coñecer de preto o cooperativismo e a economía social na cidade de Santiago de Compostela.
🚶♀️🚶♂️ A través dunha ruta guiada, o alumnado achegouse a diferentes cooperativas compostelás, coñecendo os seus proxectos, a súa actividade e as posibilidades que ofrece o modelo cooperativo como fórmula de autoemprego colectivo e emprendemento.
Nesta edición visitamos:
🎬 NUMAX, cooperativa cultural e cinematográfica.
🧘♀️ Almazen de Yoga, centro de ioga.
🛍️ Creativas Galegas, tenda de marcas culturais galegas.
🎨 Cestola, cooperativa de muralismo, pintura e ilustración.
👏 Grazas a todas as cooperativas participantes por compartir os seus proxectos e experiencias co noso alumnado!
📌 Actividade realizada no marco do Convenio de Colaboración 2026 entre o Concello de Santiago de Compostela, a través do programa municipal Feito en Santiago, e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.