Ir o contido principal

CIFP Politécnico de Santiago en Creafogar 2024

O CIFP Politécnico de Santiago tivo a honra de participar en Creafogar 2024, da man dos departamentos de Madeira e Química que representaron ao noso centro neste proxecto tan especial. Durante vinte días, unha vivenda histórica no corazón de Santiago de Compostela transformouse nun espazo expositivo único, onde o deseño de interiores galego cobrou vida a través da combinación de tradición, innovación e sostibilidade.

A nosa achega destacou pola aposta polos materiais naturais e pola posta en valor da artesanía e o saber facer local, en perfecta sintonía coa filosofía do evento. Unha experiencia enriquecedora e inspiradora que reafirma o compromiso do CIFP Politécnico coa formación de calidade, conectada co sector e coa realidade do noso territorio.

➡️ Vídeo Resumo Evento

➡️  Dosier Resumo Evento Creafogar

➡️  Visita virtual 360 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais