Celebración de Actividade Formativa


"Preparados para o salto"

Alumnado de 2º curso dos ciclos formativos do centro participou o mércores 9 de febreiro no programa Preparados para o salto 2021-22 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do convenio de colaboración entre dita Consellería e a  entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A. para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

O obxecto desta actividade, cunha duración dunha hora, é dar a coñecer ao alumnado ferramentas para xestionar o diñeiro, saber elixir produtos financeiros e coñecer a planificación financeira, facendo fincapé nos cambios que se producen na nosa sociedade e nas innovacións das empresas.

Share this post