Ir o contido principal

MadeiraFPGalicia

Conferencia de Ismael Olveira Lema e Juan Comparada Pérez (FINSA): PROCESO E PRODUTOS DO SERRADOIRO

O mércores 18 de novembro continuamos coas charlas englobadas na webinar: MadeiraFPGalicia, en directo para os alumnos dos ciclos de Madeira e Moble e de Mecatrónica Industrial do CIFP Politécnico de Santiago.

Utilizando os medios audiovisuais do CS de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos (Alumno: Isaac Iglesias Rodríguez, Profesor: Paco Lado), a charla foi emitida por videoconferencia na canle de youtube a 23 centros máis de toda España; 11 deles galegos.

Ismael iniciou a súa charla falando do recurso e do retroceso do piñeiro fronte ao eucalipto en Galicia, para centrarse, a continuación, no proceso unha vez introducidas as especies de piñeiro traballadas en Galicia e Juan concentrou a súa intervención na proposta de valor presentando na súa intervención exemplos de transformacións e produtos que ían de menos a máis na agregación de valor.

Os relatores chamaron aos alumnos para participar neste cambio de mentalidade e resaltaron o traballo da Fundación Arume orientado a poñer en valor o monte galego atraendo mozos ao medio rural desenvolvendo e potenciando a marca de calidade. "Piñeiro de Galicia" contribuíndo así a frear o abandono. MadeiraFPGalicia é unha canle de comunicación que nace froito da cooperación entre Finsa e vari@s profesores/as da Comunidade Autónoma de Galicia que pretende servir de apoio a@s docentes de FP no seu labor de ensino a distancia.

A conferencia pódese ver en directo a través desta ligazón:

 
 
 
 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais