Ir o contido principal

Celebración de FP Innova 2023

Entre os días 22 e 24 de marzo celebrouse na Cidade da Cultura de Galicia unha nova edición de FP Innova Galicia.

Ao longo de 4100 m2 de exposición no Museo Centro Gaiás, puidemos asistir á presentación dos proxectos de investigación e innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver con empresas e institucións.

O noso centro participou no evento con varios proxectos que se mostran nas seguintes fotografías.

NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais