Ir o contido principal

Celebración de Actividade Formativa


"Actividade do programa Preparados para o salto"

Alumnado de 2º curso dos ciclos formativos do centro participou o xoves 4 de febreiro (sesión de mañá) e o martes 9 de febreiro (sesión de tarde) no programa Preparados para o salto 2020-21 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Nesta formación participou alumnado dos ciclos de LACO, Operacións de laboratorio, Carrozaría, SITEIN e COME, na sesión de mañá. E tamén ofreceuse ao alumnado de INSTEL B, A LACO B, A SOCA A, Dual SIEAUT, Dual COME e ELVEA B, na sesión de tarde.

Esta acción consiste nun programa enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A. para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

O obxecto deste programa é dar a coñecer ao alumnado ferramentas para xestionar o diñeiro, saber elixir produtos financeiros e coñecer a planificación financeira, facendo fincapé nos cambios que se producen na nosa sociedade e nas innovacións das empresas.

A actividade, cunha duración de dúas horas, consistía nunha charla- presentación virtual en varias aulas do centro, co fin de cumprir a normativa de seguridade necesaria durante este curso, por parte dunha formadora que compartiu diversas cuestións relacionadas coa materia.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais