Celebración de Mesa Redonda
"Automoción"
Este luns día 18 de febreiro, desenvolveuse no CIFP Politécnico de Santiago a mesa redonda destinada ao alumnado dos Ciclos Formativos da familia profesional de "Transporte e Mantemento de vehículos", organizada pola Coordinación de Emprendemento, en colaboración co departamento desta familia profesional.
Na mesma contamos participaron os seguintes profesionais do sector do automóbil: C. Javier Ruanova Sánchez (responsable postventa de Talleres Caeiro - Concesionario Renault) e D. José María Juncal Mallo (electromecánico de Talleres Caeiro).
O alumnado tivo ocasión de coñecer de primeira man a súa experiencia, a evolución na súa traxectoria e as distintas áreas de traballo e ocupacións no sector nas que se poderían empregar no futuro, resaltando ademáis a importancia da especialización e a necesidade de formación e reciclaxe constante para unha mellor adaptación as demandas tanto do mercado productivo como laboral.
Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder ao cartaz e unhas fotografías da xornada.