Hierba

O venres, 2 de decembro, tivo lugar a segunda reunión do club de lectura do curso 2022-2023 na hora do descanso, na que falamos de HIerba, de Keum Suk Gendry-Kim. Nesta obra de banda deseñada, a autora recolle as terribles memorias de Lee Ok-Sun, unha das mozas coreanas que foron explotadas como “mulleres de consolo” durante a guerra do Pacífico.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 16 de decembro, tamén na hora da pausa. Trataremos Patria de Toni Fejzula e Fernando Aramburu.

Share this post