Bordados - Marjane Satrapi
O mércores, 26 de abril, tivo lugar a octava reunión do club de lectura do curso 2022-2023, na hora do descanso, na que falamos de Bordados, obra de banda deseñada da autora de Persépole, Marjane Satrapi. Trata dunha reunión de mulleres en Irán, pero que podería ter lugar en calquera outro lugar do mundo, e na que os temas de conversación desembocan nos homes.
A seguinte reunión terá lugar o venres, 5 de maio, tamén na hora da pausa. Trataremos Cosmic Detective de David Rubín.