Ir o contido principal

AutoCAD


Activación da licenza educativa de AutoCAD

O alumnado e profesorado do CIFP Politécnico de Santiago pode obter unha licenza gratuíta de AutoCAD mediante o rexistro na plataforma educativa de Autodesk. A licenza ten unha duración dun ano e permite empregar o programa tanto no centro como no equipo persoal.

Para activala, cómpre crear unha conta empregando o correo electrónico educativo e achegar un documento xustificativo de pertenza ao centro (por exemplo, o xustificante de matrícula no caso do alumnado). Unha vez validada a conta, recibirás no teu correo a confirmación de alta como usuario.

Podes consultar o manual completo de activación no seguinte documento.

Redes sociais