AULAS DE EMPRENDEMENTO: Innovación e o emprendemento ao servizo do Ciclo da Auga
Exitosa xornada de formación co equipo de VIAQUA!, No marco do programa de "Aulas de emprendemento", o alumnado e parte do profesorado do CM de Redes e estacións de tratamento de augas do CIFP Politécnico de Santiago vivimos, o pasado 30 de xaneiro, un día moi intenso en canto a formación práctica, visitando varias instalacións da empresa VIAQUA ubicadas en diferentes puntos do Concello de Santiago.
Os nosos alumnos tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións da ETAP do Tambre, o depósito de Vilares, o tanque de tormentas de San Lázaro e a EDAR de Aríns, guiados polos representantes de VIAQUA. Tamén nos deron a coñecer as problemáticas actuais e as innovacións que están a implementar, así como as oportunidades emerxentes de emprendemento que ofrece este sector.
Queremos expresar a nosa sincera gratitude aos responsables de VIAQUA pola excepcional acollida que brindaron ao noso alumnado e profesorado. A súa colaboración nesta acción formativa, sen dúbida, contribuirá de maneira significativa á formación profesional dos nosos alumnos. Estamos convencidos de que esta experiencia proporcionará unha visión práctica e valiosa de cara ao seu futuro profesional.
Gasto financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Reparto de 2023) no marco do Mecanismo do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.