Ir o contido principal

Aulas de Emprendemento


"Aulas de Emprendemento: Visita á xornada de automatización JAI 2022 "

Alumnado e profesorado do CS de Mecatrónica industrial, 3º curso do réxime dual e 2º curso do réxime ordinario, da familia profesional de Instalacións e mantemento, asistiu o 18 de novembro ás xornadas de automatización JAI 2022 celebradas na Escola de Enxeñeiría industrial da UVIGO, dentro do programa “Aulas de emprendemento”.

Obxectivos da actividade:

    • Visitar os distintos stands de empresas de automatización industrial.
    • Participar nunha charla e mesa redonda sobre o emprendemento no mundo da automatización industrial.

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector de automatización industrial.

Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en sete familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais