Aulas de Emprendemento
"Aulas de Emprendemento: Márketing online "
Alumnado do 2º curso dos ciclos de Operaciós de laboratorio, COME, AUTO, ELVEA A, CARMO, AURION, DUAL LACO, SOCA, LACO, MANELE, Mecatrónica dual, SITEIN,SIEAUT, Dual de Procesos de tratamento da medeira, Deseño e amoblamento Dual, Carrozaría Dual, ELVEA B e Dual STI e profesorado do Departamento de FOL participaron os días 10, 11 E 12 de xaneiro na formación “Marketing online”, dentro do programa “Aulas de emprendemento”. Esta formación foi impartida no propio centro, en dúas sesións de dúas horas para cada unha delas, co fin de achegar ao alumnado ao tema do marketing online. A actividade desenvolveuse por un formador da empresa conC de Comunicación.
Obxectivos da actividade:
- Coñecer a evolución e o futuro do marketing online.
- Coñecer como achegarse ao cliente a través do marketing online.
- Coñecer campañas en Google e en redes sociais e a temática dos influencers.
Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía.
Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.