Aulas de Emprendemento
"Aulas de Emprendemento: Visita a CALDEIRARÍA CITIC GÁNDARA CENSA S.A.U."
O alumnado e parte do profesorado de 1º e 2º do CS de Construcións metálicas, da familia profesional de Fabricación mecánica, acudiu a Porriño o 15 de novembro para visitar as instalacións da Caldeiraría CITIC Gándara S.A.U., dentro do programa “Aulas de emprendemento”. Esta empresa é recoñecida como un dos principais fabricantes de maquinaria pesada en Europa, grazas á grande diversidade de produtos dentro do mercado (minería, cemento, enerxía renovable, tuneladoras...) e á alta experiencia do seu persoal.
Obxectivos da actividade:
- Coñecer o funcionamento das máquinas CNC de plasma, fresadora e torno.
- Coñecer o desenvolvemento de procesos de soldeo por arco sumerxido e con atmosfera protexida.
- Visualización in situ dos procesos de soldeo, corte e conformado.
- Visita das instalación da empresa con persoal da fábrica.
En primeiro lugar desenvolveuse unha charla, previa á visita guiada pola fábrica, impartida por un dos directivos da empresa, que tratou os distintos temas que rodean ao amplo sector da caldeiraría industrial, como a contaminación, a extracción de recursos para a posterior obtención do mineral, alternativas sostibles... Tamén falou dalgúns dos distintos proxectos que a empresa realizou recentemente, como o proxecto da tuneladora en Francia.
Unha vez finalizada a charla e a rolda de preguntas dividíronse en tres grupos e con diferentes representantes de la fábrica puideron ver desde os procesos máis simples ata a finalización do proxecto, observando os distintos tratamentos, procesos e instrumentos.
Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector de enerxía e auga.
Esta acción se desenvolve dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.