Ir o contido principal

Aulas de Emprendemento

"Aulas de Emprendemento en Formación Profesional: Como transformar a túa idea de negocio nun proxecto viable (con Business Model Canvas) - 9 outubro 2023"

O profesorado do Departamento de FOL participou o día 9 outubro o na formación “Como transformar a túa idea de negocio nun proxecto viable (con Business Model Canvas)”, dentro do programa “Aulas de emprendemento en Formación Profesional”. 

Esta formación foi impartida no propio centro nunha sesión de 3 horas e vai  dirixida a facilitar o emprego do Business Model Canvas como ferramenta para desenvolver de xeito sinxelo e rápido unha idea de negocio. A actividade desenvolveuse por un formador da empresa Píldoras Digitales.  

Obxectivos da actividade:

  • Aprender a analizar e crear modelos de negocio de forma simplificada
  • Expresar unha idea epresarial e forma clara e sinxela
  • Aprender a a aplicar o concepto: Cliente – Problema – Solución
  • Aforro de tempo, esforzo e cartos á hora de desenvolver iniciativas empresariais

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta acción se desenvolve dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. 

Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial, “Plan de la mordernización de la Formación Profesional” en el marco del mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia (PRTR).
 

Redes sociais