Aulas de Emprendemento
"Aulas de Emprendemento: Innovación nos sistemas de clima en vehículos híbridos/eléctricos"
O alumnado e parte do profesorado de 2º do CS de Automoción ordinario e modular e do CM de Electromecánica de vehículos automóbiles, da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, participou nunha formación “Innovación nos Sistemas de clima en vehículos híbridos/eléctricos”, no Salón de actos do centro o 24 de novembro dentro do programa “Aulas de emprendemento”. Esta formación achegou ao alumnado á actividade da empresa Diésel Inyección Milladoiro e foi impartida por David Alonso Lorenzo.
Obxectivos da actividade:
- Coñecer as distintas arquitecturas e estratexias dos fabricantes para refrixerar os módulos de baterías e módulos de electrónica de potencia.
- Coñecer os riscos inherentes e os protocolos de intervención nos compresores accionados por alta tensión.
Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector de automoción.
Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.