Ir o contido principal

Aulas de Emprendemento


"Aulas de Emprendemento: Visita do alumnado de Química e Saúde Ambiental"

O día 14 de marzo o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Química e saúde ambiental, acompañado polos profesores Marta Rodríguez Quiroga, María Carmen Balo Villanueva e José Neira Dourado, realizou unha visita ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia e aos grupos de investigación AQUATERRA, BIOCOST e METMED, pertencentes ao Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e á facultade de Ciencias.

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector de química.

Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais