Ir o contido principal

Aulas de Emprendemento


"Aulas de Emprendemento: Visita a METALÚRGICA GALLEGA "

Alumnado e profesorado do CM de Soldadura e caldeiraría, da familia profesional de Fabricación mecánica, acudiu ao Polígono Industrial de Sabón (A Coruña) o 24 de novembro para visitar as instalacións da empresa “Metalúrgica Gallega”, dentro do programa “Aulas de emprendemento”. Esta empresa é recoñecida como un dos principais fabricantes de maquinaria pesada en Europa, grazas á grande diversidade de produtos dentro do mercado (minería, cemento, enerxía renovable, tuneladoras...) e á alta experiencia do seu persoal.

Obxectivos da actividade:

  • Coñecer o funcionamento das máquinas CNC de plasma, fresadora e torno.
  • Coñecer o desenvolvemento de procesos de soldeo por arco sumerxido (SAW) e de disipadores térmicos de cerámica.
  • Visita das instalación da empresa con persoal da fábrica.

A actividade consistiu nunha visita guiada na que primeiro percorreron a nava de soladadura e caldeirería e posteriormente as naves de mecanizado e montaxe, vindo as diferentes seccións e máquinas como tornos horizontais e verticais, fresadoras CNC, mandrinadoras, salas de chorreo...

De este xeito poideron ter un contacto directo con diferentes procesos de soldadura, como a soldadura por arco sumerxido (SAW), así como ver o emprego de disipadores térmicos de cerámica que non se ensinan de maneira práctica no centro. No momento da visita estaban ocupados nun proxecto de gran calibre en colaboración cunha empresa holandesa. Este consistía na fabricación e montaxe de 6 bombas hidráulicas que instalarán en Amsterdan e que traballando á vez poden vaciar unha piscina olímpica nun minuto.

Á volta da saída a meirande parte do alumnado indicou que o que máis lles gustou da mesma foi ver como se traballa realmente nunha empresa deste tamaño e poder ter a oportunidade de falar cos traballadores que se atopoban faenando no proxecto nerlandés.

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector de fabricación mecánica.

Esta acción desenvólvese dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais