Ir o contido principal

Atrévete 2021-2022


"Visita do CEIP Rosalía de Castro de Padrón ao noso centro"

A actividade desenvolveuse o venres 11 de marzo, co alumnado de 6º curso de Primaria do CEIP Rosalía de Castro de Padrón, e coa colaboración da Asociación de empresarios do Polígono do Tambre. O alumnado participante poido ver cales son os distintos ciclos formativos que se imparten no centro, visitando os diversos talleres.

O programa Atrévete ten como obxectivo dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

O programa vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O CIFP Politécnico de Santiago é o centro de referencia dos centros educativos de Santiago e dos centros da súa contorna.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais