Ir o contido principal

Fomento da igualdade


Atraer o talento feminino a áreas tecnolóxicas

O alumnado do centro participou no Salón de actos na actividade “Atraer o talento feminino a áreas tecnolóxicas” os días 24 novembro nunha sesión de mañá e 29 de novembro nunha sesión de tarde. Esta actividade realizouse en colaboración coa empresa Moonoff, que ten a súa sede no Polígono Costa Vella en Santiago de Compostela.

Durante estas sesións os relatores achegaron ao alumnado á estrutura e forma de organización da empresa, destacando o compromiso de Moonoff coa igualdade coa presenza feminina en todos os seus departamentos. Sendo unha empresa tecnolóxica máis da metade do seu persoal está formado por mulleres. Tamén expuxeron o seu plan de igualdade e as actuacións da empresa neste tema.

Esta actividade encádrase no programa de ACF para o fomento da igualdade, organizado pola coordinación de emprendemento, o departamento de FOL, o departamento de Electricidade e electrónica e polo departamento de Información e Orientación Profesional.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais