ASINEC imparte unha ampla formación ao alumnado do CIFP Politécnico de Santiago
Desde o CIFP Politécnico de Santiago volveron contar coa Asociación para impartir formación relacionada coa tramitación de instalacións de alta tensión, normativa sobre vehículo eléctrico e tramitación de instalacións de autoconsumo e a plataforma de provisións de servizo de UFD distribución.
O xerente da Asociación explicou en primeiro lugar como redactar de maneira correcta a documentación para o posterior rexistro das instalacións de alta tensión na sede electrónica da Xunta de Galicia. A continuación procedeu coa parte relativa ás instalacións de infraestrutura de recarga de vehículo eléctrico para proseguir cos requisitos básicos para a tramitación de instalacións de autoconsumo.
Outra ferramenta que lles será de utilidade no seu labor profesional será a plataforma dixital de UFD para o que Rafael Suárez utilizou unha presentación para que aprendesen as funcionalidades das que dispoñen e poder xestionar a así os expedientes de provisións de servizo desta distribuidora.
Fonte: ASINEC