Ir o contido principal

Aprender emprendendo!

En #Eduindustria, o noso alumnado mergullouse no mundo do emprendemento a través do xogo Emprende e Aprende, unha actividade dinámica e participativa na que tiveron que superar retos e casos prácticos para descubrir como transformar unha idea nun negocio real.

Traballo en equipo, toma de decisións e planificación empresarial foron as claves desta experiencia, organizada dentro do programa #Eduemprende en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, nunha xornada na que participaron os estudantes de 2º CM IEEAU e 2º CS MANELE do CIFP Politécnico de Santiago.

Porque emprender tamén pode ser divertido!

Redes sociais