Acto de graduación da promoción 2023-2025
Chegamos á recta final!
O pasado 16 de xuño celebrouse no noso centro o acto de graduación do alumnado de Formación Profesional, un evento moi especial no que se recoñeceu o esforzo e dedicación de todos e todas as estudantes que completaron esta etapa. O salón de actos acolleu ás familias, profesorado e compañeiros/as nun ambiente de celebración e orgullo polo camiño percorrido.
Durante a cerimonia o director, o profesorado elixido polo alumnado como madriñas e padriños, e representantes do alumnado interviron con discursos emotivos nos que se puxo en valor a aprendizaxe práctica, a superación diaria e a preparación para o mundo laboral. Houbo tamén momentos para a música coa excelente intervención da coral Harmonia Stellae e, como non, a entrega dos diplomas, que marcan o final dunha etapa formativa e o inicio dunha nova fase profesional ou académica.
O alumnado despediuse cun sorriso e coa satisfacción de estar un paso máis preto de acadar os seus obxectivos. Foi unha xornada de celebración pola formación recibida, polas amizades creadas e polas oportunidades que están por vir.
Fotografía: Franco Ferreira, Paula. Graduación 2025, CIFP Politécnico de Santiago