Ir o contido principal

Acto de entrega de premios


Acto de entrega premios Atrévete a ter unha idea y Eduemprende Idea 2025

O pasado 3 de outubro de 2025, o CIFP Politécnico de Santiago acolleu a entrega de premios dos concursos Atrévete a ter unha Idea e Eduemprende Idea 2025.

No acto contamos coa presenza do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez; da Directora Xeral de FP, Eugenia Pérez; e da Subdirectora Xeral de Innovación, Cristina Lesta, quen fixeron entrega dos galardóns ao alumnado de Primaria, Secundaria e Formación Profesional.

O nosos alumnos Héctor Barbeito Carnota e Isaac Rey Temes recibiron o 1º premio de Eduemprende Idea, modalidade A, co proxecto Ourizo: Play Room Garden, un contedor modular transformable con múltiples usos, elaborado con madeira galega PEFC, aceiro reciclado e cuberta de policarbonato con protección UV.

Dende o CIFP Politécnico de Santiago queremos felicitar a todos os premiados e a todo o alumnado participante, destacando a súa creatividade, talento e espírito emprendedor.

Redes sociais