Ir o contido principal

Acreditación de Competencias - Convocatoria 2020


Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020. Data de publicación: 26.05.2020

Prazo para realizar reclamacións: do 27 de maio ao 2 de xuño de 2020, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<xestión de="" emendas="" e="" reclamacións="">>. Posterioremente, a través da plataforma https://sede.xunta.gal, deberase presentar xunto coa solicitude, a correspondente documentación que apoie a reclamación, utilizando o trámite "Alegacións" asociado á solicitude de inscrición no proceso. Para o caso de envío por correo á sede onde se xestiona a súa solicitude, este deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla do formulario para reflectir a data de entrada.

Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

15015767 - CIFP Politécnico de Santiago

  • Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas: 

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8688

  • Listaxe provisional de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria: 

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8707

Pode consultar toda a información no seguinte enderezo:

http://www.edu.xunta.gal/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2020

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais