8 de marzo
"Día Internacional da Muller 2023"
O 8 de marzo de 1908, un acontecemento transcendental marcou a historia da loita obreira e sindical en todo o mundo: 129 mulleres morreron nun incendio na fábrica de algodón de Nova York, Estados Unidos, despois de facer folga coa estancia no seu lugar de traballo. O motivo debíase á busca dunha redución da xornada laboral a 10 horas, un salario igual ao que percibían os homes que realizaban as mesmas actividades e as malas condicións laborais que sufrían. O dono da fábrica ordenou pechar as portas do edificio para que as mulleres desistiran e abandonasen o lugar. Non obstante, o resultado foi a morte dos traballadores que estaban dentro da fábrica.
Nacións Unidas declarou o Día Internacional da Muller o 8 de marzo en 1975. Dous anos despois converteuse en Día Internacional da Muller e Paz Internacional.
Preme sobre a seguinte ligazón para acceder aos carteis da xornada deste ano, que mostran mulleres traballadoras especialmente relevantes dentro das súas familias profesionais.