Ir o contido principal
Portada de 1984

1984 La novela gráfica

O venres, 3 de marzo, tivo lugar a cuarta reunión do club de lectura do curso 2022-2023, na hora do descanso, na que falamos de 1984, adaptación á banda deseñada por parte de Fido Nesti. Nesta obra, baseada na novela de George Orwell, o autor reflicte unha ensoñación de Londres no futuro na que é unha cidade sombría onde a Policía do Pensamento controla a vida dos cidadáns dun xeito asfixiante.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 10 de marzo, tamén na hora da pausa. Trataremos He visto ballenas de Javier de Isusi.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais