EMPRENDEMENTO: Programa "Eduemprende Actúa"
A Comunicación
Os alumnos e alumnas do 1º curso do CM de Operacións de Laboratorio (Familia Profesional Química) tiveron a oportunidade de participar no Obradoiro sobre “A Comunicación”, baixo a titoría da relatora Verónica Ruzo, socia de Promove Consultoría e Formación.
Esta actividade forma parte do programa EDUEMPRENDE ACTÚA, que ten como obxectivo sensibilizar aos estudantes sobre a cultura emprendedora e potenciar as súas capacidades para enfrontar os proxectos de emprendemento.
O programa Eduemprende Actúa comprende dúas sesións formativas:
- Na primeira, o profesorado encargado de impartir o módulo de FOL desenvolve na aula unha xornada de reflexión sobre o emprendemento e as oportunidades do autoemprego como saída profesional.
- Na segunda sesión, levada a cabo o 6 de maio, o noso alumnado contou coa presenza de Verónica Ruzo, socia de Promove Consultoría e Formación, quen puxo en práctica un dinámico e participativo obradoiro no que se traballaron as habilidades de comunicación do noso alumnado. A relatora compartiu con todos os asistentes as claves para falar en público con confianza, potenciando unha comunicación efectiva e fortalecendo as súas habilidades para presentar proxectos empresariais con éxito.
Destacar a valoración moi positiva realizada polo alumnado participante nesta acción formativa, recoñecéndoa como unha ferramenta fundamental para mellorar as súas oportunidades de empregabilidade