Ir o contido principal

Cinza

O venres, 15 de novembro, tivo lugar a primeira reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de Cinza, de Manel Cráneo. Cinza é a adaptación a banda deseñada da novela de Xavier Alcalá A nosa cinza, que conta a vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 22 de novembro, tamén na hora da pausa. Trataremos Al son de un fado, unha novela gráfica de Barral.

Redes sociais