III Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento
Do 4 ao 12 de novembro, o CIFP Politécnico de Santiago organiza as III Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento, unha oportunidade excepcional para toda a comunidade educativa interesada en mellorar as súas competencias profesionais e explorar novas vías de emprendemento.
Ao longo destas xornadas, ofreceremos unha ampla variedade de actividades prácticas e informativas que abranguen temas clave para o desenvolvemento profesional e o emprendemento. Non perdas esta oportunidade de formar parte dun evento que combina formación práctica, asesoramento especializado e novas perspectivas para o teu futuro laboral e emprendedor.