Ir o contido principal

Charlas Formativas sobre Finanzas Dixitais no CIFP Politécnico de Santiago

Con motivo da Semana da Educación Financeira, que se celebra do 7 ao 11 de outubro, no CIFP Politécnico de Santiago tivemos a oportunidade de acoller as charlas do programa formativo “Finanzas Dixitais: Aprende, Innova, Avanza”, impartido por técnicos do Banco Santander

O noso alumnado puido participar en sesións que abordaron temas esenciais para mellorar a súa seguridade financeira. Entre os puntos tratados destacaron as compras electrónicas seguras e a prevención das fraudes financeiras máis comúns. Este tipo de iniciativas non só proporcionan ferramentas útiles para a vida cotiá, senón que tamén fomentan unha cultura de innovación e responsabilidade no uso das finanzas dixitais. 

Agradecemos ao Banco Santander pola súa colaboración e por brindarnos esta valiosa oportunidade de aprendizaxe.

Redes sociais