Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras
Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras | |
|---|---|
![]() | Preinscición no curso de Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras (Do 14 ó 17 de Decembro do 2015) Curso obrigatorio para traballos en obra sobre Instalacións aéreas e en fachadas: - Eléctricas. REMATA O PRAZO DE PREINSCRICIÓN O VENRES, 11 DE DECEMBRO, ÁS 21.30 |
Desevolvemento: O curso está aberto ós alumnos de 2º curso de todos os ciclos. É necesario anotarse cubrindo os datos do seguinte formulario. A sesión teórica será de 4 horas e terá lugar o luns 14 de Decembro. Poderase asistir ben á quenda da mañá (10:30-15:00) ou ben á de tarde (16:00-20:30). A parte práctica realizarase nos días seguintes (martes 15, mércores 16 e xoves 17), e faranse turnos de 10 alumnos cada 2 horas (10:30 a 12:30; 12:30 a 14:30; 15:00 a 17:00; 17:00 a 19:00). As quendas asignaranse o día da teoría. Se algún grupo ou persoa ten algún problema ou necesita que se lle asigne nun turno en concreto deberá mandarlle con anterioridade un correo ó docente (franguerra@edu.xunta.es). O costo do curso é 15€ que é obrigatorio aboar exactos o día da sesión teórica. Para obter a certificación é obrigatorio ter asistido ás dúas partes. franguerra@edu.xunta.es Tlfn. 677790889
| |

