Ir o contido principal

AULAS DE EMPRENDEMENTO: Por onde empezo?

O mércores 17 de xaneiro, os nosos estudantes de 2º curso de ciclos de grao medio e superior participaron nun taller formativo impartido pola empresa Promove, no marco das II Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento. 

Durante esta sesión, exploramos a opción de emprender dende distintos sectores produtivos, considerándoo como unha alternativa ao desemprego. Esta acción formativa permite guiar aos nosos alumnos na súa futura carreira profesional e profundar en como a opción de emprender pode ser unha fantástica porta de entrada ao mercado laboral.

Acción financiada polo Ministerio de Educación e FP, Unión Europea NextGenerationEU, Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR).

Redes sociais