Ir o contido principal

Aulas de Emprendemento: Xogamos co canvas?

Do 23 ao 27 de outubro, alumnos matriculados en 2º curso procedentes de distintas familias profesionais, tiveron a oportunidade de participar no taller XOGAMOS CO CANVAS? impartido pola Consultora Promove. 

Esta inicativa permitiulles traballar sobre diversas ideas de negocio relacionadas co seu sector profesional e analizar cada un dos apartados do Modelo CANVAS, usando unha metodoloxía grupal e participativa. 

Agradecemos a colaboración dos distintos Departamentos implicados: Electricidade e Electrónica; Madeira, moble e cortiza; Química; Seguridade e medioambiente; Fabricación Mecánica; Transporte e mantemento de vehículos; Instalación e mantemento. 

Acción financiada polo Ministerio de Educación y FP, Unión Europea NextGenerationEU (Reparto de 2022), Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia (PRTR).

Redes sociais