Concurso de Relatos Inspiraciencia
Concurso de Relatos Inspiraciencia | |
|---|---|
![]() | INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Combinalas podexerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, dende a ficción. |
Modalidade única. Poderanse presentar relatos curtos dunha extensión máxima de 800 palabras. Categorías. O concurso ten dúas categorías: público xeral (a partir de 18 anos) e público xuvenil (de 12 a 17 anos). Os participantes deben rexistrarse e poden enviar un relato curto en calquera lingua do concurso (catalán, castelán, galego e éuscaro). Cada participante pode presentar máis dun relato, e un máximo de catro relatos, sempre que estes esteanescritos en linguas distintas. Linguaxe. Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán, en éuscaro en galego. Consulta as bases do concurso e inspírate! Para máis información, preme sobre a seguinte ligazón. | |
