Antigos alumnos de Mestría preparan un gran encontro
Antigos alumnos de Mestría preparan un gran encontro | |
|---|---|
![]() | Os ex-compañeiros da promoción de 1992 que estudaron Formación Profesional de Automoción no Instituto Politécnico de Santiago están a preparar un encontro, que se celebrará o 25 de abril, para lembrar vellos tempos de estudos e experiencias en Compostela, e tamén para homenaxear aos seus antigos profesores. "Somos unha xeración que comezou a súa vida laboral entre 1992 e 1993, momento no que estabamos a sufrir unha crise económica importante. A día de hoxe sorpréndenos ver que estamos case todos con traballo e en sectores moi distintos", sinala José Manuel Pampín, un dos promotores da xuntanza. Fonte – El Correo Gallego |
Os camiños da vida separáronos unha vez que finalizaron os seus estudos de Automoción. Agora, case vinte e cinco anos despois, queren reencontrarse para lembrar as numerosas e divertidas anécdotas que viviron xuntos na súa etapa de estudantes. "Logramos contactar con case o 70 por cento dos que eramos naquela promoción e estamos en busca dos demais", apunta José Manuel antes de relatar que aqueles "foron anos moi felices". Entre os que xa confirmaron asistencia están José Ramón Pardo Noya, Juan Carlos Mosquera Paz, José Ramón Remuñan Pulleiro, José Mourelle Calvo Gallardo, Enjo Varela Ferreiro, Guillermes Varela, José Manuel Fajundes Dorelle, Antonio Reinaldo Calvo Garabato, José Manuel Varela Quintela, Isidro Castro Granja, Antonio Vázquez Dopazo, Eduardo García Liñares, Marcos Torreira González e Miguel Ángel Mouriño Rey. O correo de contacto para participar é jmpampin@gmail.com Extracto de El Correo Gallego, 18 de marzo de 2015 | |
