Ir o contido principal

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

Os beneficiarios asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés dunha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.

Requisitos:

- Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 1998.
- Ter a condición de bolseiro, no curso 2014/15, da convocatoria xeral de bolsas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución de 28 de xullo de 2014 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convocan bolsas para os alumnos de niveis postobrigatorios do ensino.
- Estar matriculado no curso 2014/2015 en:

· Bacharelato
· Ensinanzas profesionais de música e danza
· Grao medio de Formación Profesional
· Grao medio de artes plásticas e deseño
· Grao medio de ensinanzas deportivas
· Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado

- Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e ter obtido no devandito curso unha nota final minima de 7,00 puntos na materia de inglés.
- Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior.

Dotación:

A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado debe aboar 100 € á empresa.

Prazo de presentación:

- Dende: 17 de marzo de 2015
- Ata: 09 de abril de 2015

Como realizalo?

A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line

Redes sociais