Ir o contido principal

O Concello pon en marcha o II Concurso de Vídeo-Creación para centros de ensino

O Concello pon en marcha o II Concurso de Vídeo-Creación para centros de ensino

O Concello de Santiago ven de poñer en marcha o II Concurso de Vídeo-Creación para centros de ensino, coa finalidade de achegar a toda a comunidade educativa argumentos positivos para o uso da lingua galega a través das canles e linguaxes que gozan de maior atracción nestes momentos, como é o caso do audiovisual.

Con esta iniciativa preténdese contribuír á difusión dos traballos audiovisuais, que se realizan no ámbito escolar sobre a difusión da lingua galega así como incentivar a realización de novos proxectos audiovisuais en torno á normalización da lingua.

Poderán participar neste certame todos os centros públicos e privados de toda Galicia, que impartan educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e secundaria postobligatoria.

Haberá dous tipos de premio: o que concede o xurado, un por cada unha das catro categorías (infantil, primaria, secundaria obrigatoria e secundaria postobrigatoria) e o que concede o público, que poderá visionar os traballos a través da rede. Ambos están valorados en 400 euros.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ás bases do concurso.

Redes sociais