Ir o contido principal

"Mamá, quero ser mecánica"

"Mamá, quero ser mecánica"

Decenas de compostelás elixen contracorrente profesións tradicionalmente masculinas.

A elas, simbolizadas por Beatriz Rodríguez, dedicamos a portada deste mes da muller.

Fonte – COMPOSTELACTUAL

Hai numerosas evidencias de que o clixé de xénero sigue presente na toma de decisións académicas e profesionais, unha reflexión chea de oportunidade neste mes de marzo no que se conmemora o Día Internacional da Muller. Beatriz Rodríguez Milán, 18 anos, estuda o ciclo superior de Automoción no Politécnico de Santiago. Quere ser mecánica. Sempre tivo o apoio da súa familia para elixir con liberdade a súa profesión. "Estou segura de que moitas mozas estarían dispostas a facer este ciclo, se non fose polo medo a como van ser aceptadas polos compañeiros", conta sorrindo. É a única moza nunha clase de 20 alumnos, "sempre me sentín unha máis". Cando remate os estudos, gustaríalle traballar nun taller e "no futuro, cando teña máis experiencia, montar o meu propio taller".

No mesmo Politécnico, Rebeca estuda Carpintería, son so dúas mozas nunha clase de 23 alumnos. Outras colegas de centro, Cristina, Tania, Marta e Irene, estudan o ciclo de Sistemas de Telecomunicacións e Informática. Son as únicas catro mozas nunha clase de 22 alumnos. Son poucas, pero brillantes. "Temos as mellores notas da clase", contan divertidas.

Extracto de COMPOSTELACTUAL, nº 10, marzo 2015

Redes sociais