Ir o contido principal
Edificio central Tambre

Xornada Técnica

Este mércores, 1 de marzo, o alumnado de primeiro e segundo curso do ciclo superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados visitou a Central Hidráulica do Tambre. Nesta xornada, persoal pertencente á empresa Naturgy explicou ao alumnado e profesorado asistente o proceso de produción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da enerxía hidráulica nas centrais Tambre I e Tambre II. Tamén tivemos ocasión de visitar o Centro de Interpretación da Lamprea, espazo habilitado nun dos edificios do complexo da central eléctrica. Moitísimas grazas pola atención e detalladas explicacións recibidas.

Redes sociais