VI Semana de Portas Abertas (Curso 2019-2020)
A semana pasada abrimos as portas do noso centro ao alumnado dos últimos cursos de Educación Secundaria e Bacharelato da comarca para mostrarlles os estudos que impartimos.
Tras unha pequena introdución no Salón de Actos e un recorrido pola exposición que as diferentes familias profesionais prepararon no vestíbulo, o alumnado visitou, guiado polo equipo directivo, os talleres onde se imparten os diferentes ciclos e os equipamentos dos que dispoñen.
Esta é unha mostra do resultado (Autora: Paula Franco).
NOTA: Calquera persoa retratada nas fotografías que se publican a continuación, a pesar de ter asinado o correspondente formulario de autorización do uso da imaxe persoal polo centro, pode solicitar a retirada de calquera fotografía publicada neste sitio web mediante a cumplimentación do seguinte formulario.