Curso experimental en Química Orgánica
En primeiro lugar explícanse as cuestións básicas para manexarse nun laboratorio de Química Orgánica. A continuación aplícanse as principais técnicas de illamento, purificación e caracterización a casos sinxelos e, despois, introdúcense prácticas sobre a síntese e reactividade dos compostos orgánicos. Finalmente, inclúense dous capítulos específicos sobre o uso das técnicas da modelización molecular e a realización de experimentos mecanísticos ou máis relacionados coa Química Orgánica Física.