Talleres Primeiros Auxilios
🚑❤️ Aprender a salvar vidas: Primeiros auxilios e SVB.
Durante o mes de outubro, o alumnado de 1º curso dos ciclos formativos de todas as familias profesionais do CIFP Politécnico de Santiago participou en talleres prácticos de primeiros auxilios e soporte vital básico.
🩺 Da man dos voluntarios de Protección Civil de Santiago, o alumnado adquiriu coñecementos e puxo en práctica técnicas fundamentais para saber como actuar ante unha emerxencia. Porque saber reaccionar a tempo pode marcar a diferenza e salvar vidas. ❤️
👏 Desde o centro queremos agradecer a @proteccioncivil_santiago a súa colaboración e implicación nesta formación.
💙 O noso agradecemento máis especial a Begoña e ao seu equipo de formadores voluntarios: Marcelo, Alba e Roberto, por compartir o seu tempo e coñecementos co noso alumnado, contribuindo á formación de profesionais preparados para actuar cando máis importa.