Ir o contido principal

Contrapaso. Mayores, con reparos

O luns, 9 de novembro, tivo lugar a primeira reunión do club de lectura Brétema do curso 2026-2027 durante a hora do descanso, na que falamos de Contrapaso. Mayores, con reparos, de Teresa Valero.

Nesta segunda entrega da serie de banda deseñada Contrapaso, a autora trasládanos ao Madrid de outubro de 1956, en plena ditadura franquista. A aparición dun censor eclesiástico morto na butaca dun cine, cun rolo de celuloide na boca, desencadea unha investigación na que León Lenoir, Emilio Sanz e Paloma Ríos descubrirán unha trama que envolve estraperlistas, especuladores, cineastas, altos cargos do réxime e persoas de distintas ideoloxías. Como pano de fondo, aparece tamén a realidade dunha poboación empobrecida que loita por conseguir un teito baixo o que vivir.

A través dunha historia que combina intriga, denuncia social e suspense, Teresa Valero ofrécenos un retrato da España franquista, marcado pola censura, as desigualdades sociais e os intereses económicos e políticos.

Redes sociais